Luis Berenguer, escritor da Illa de León
A visita semanal a librerías e tendas de segunda man serviume outra vez para reencontrarme cunha novela de Luis Berenguer (1924-1979), cuxa obra non se descobre doutra maneira como pasa coa da maioría dos escritores que en teoría non son modernos. Nacido en Ferrol, pero sempre, salvo estancias por motivos profesionais ou de estudos, en San Fernando (Cádiz), onde desenvolveu a súa profesión de enxeñeiro de mariña na que chegou a capitán de fragata. Berenguer considerábase cañaílla polos catro custados e desde novo sentiuse atraído pola escrita.
Tamén están amorosamente colocadas nas baldas Marea escorada, Leña verde e Sotavento ademais da subliñada Tamatea. Nelas advírtese o pulso narrativo de Berenguer achegado ao barroquismo, pero sen perder o sabio falar das xentes sinxelas de Andalucía. Un canto de ida e volta, por usar un termo fondo, tan axeitado a xeneración de narradores andaluces que foron compañeiros tamén letraferidos do mariño afincado en San Fernando.
Desde logo, para min sempre constitúe un tempo aproveitable a lectura de Luis Berenguer, que pasou fugaz polas letras españolas, seis obras se non me trabuco nos seus 55 anos de singradura. Imaxínome que tivo unha vida intensa, polo que escribiu, e que houbo moitos caladoiros nos que se detivo no seu tempo, é dicir segunda metade dos sesenta e primeira dos anos setenta do século pasado.
Naqueles xa lonxanos tempos recibiu diferentes galardóns, entre os que hai que destacar o Premio da Crítica, Premio Nacional de Literatura e Premio Alfaguara. Espero algún día atopar por eses lugares que frecuento a novela La noche de Catalina virgen, obra que ten gardados a miña atención e un espazo nos andeis onde descansan as súas recoñecidas irmás nacidas da imprenta.
A visita semanal a librerías e tendas de segunda man serviume outra vez para reencontrarme cunha novela de Luis Berenguer (1924-1979), cuxa obra non se descobre doutra maneira como pasa coa da maioría dos escritores que en teoría non son modernos. Nacido en Ferrol, pero sempre, salvo estancias por motivos profesionais ou de estudos, en San Fernando (Cádiz), onde desenvolveu a súa profesión de enxeñeiro de mariña na que chegou a capitán de fragata. Berenguer considerábase cañaílla polos catro custados e desde novo sentiuse atraído pola escrita.
Ao que ía, o libro chámase Tamatea, novia de otoño, unha novela que vin en varias tendas a prezo moi rebaixado, pero ao final non me resistín a comprala polo seu excelente estado a pesar de tela xa, na mesma edición de Mondadori, pero roída polos ratos de campo e lida un par de veces. A novela póstuma do narrador afincado para sempre na illa de León aborda entre outras historias o amor, a fantasía, a crise dun home maduro en tempos de transición política e a inmersión na alta sociedade andaluza en estado decadente nun tempo cambiante a pasos axigantados no que se percibe un sistema de vida que sobrepasa ata o autor da novela.
Ao colocala entre os libros preferidos escritos en castelán, doume conta que teño outras máis de Berenguer; por exemplo a que máis impresión causoume: El mundo de Juan Lobón, un caso aparte na narrativa en castelán e popularizada moito despois de ser escrita por unha serie de Televisión Española. En fin unha alegoría a liberdade no agro marxinal e marxinado en loita ancestral cos elementos, a bestas e o homes que o percorren e poboan.Tamén están amorosamente colocadas nas baldas Marea escorada, Leña verde e Sotavento ademais da subliñada Tamatea. Nelas advírtese o pulso narrativo de Berenguer achegado ao barroquismo, pero sen perder o sabio falar das xentes sinxelas de Andalucía. Un canto de ida e volta, por usar un termo fondo, tan axeitado a xeneración de narradores andaluces que foron compañeiros tamén letraferidos do mariño afincado en San Fernando.

Comentarios