O cravo de Chejov
Antón Chejov, recoñecido universalmente como un dos máximos mestres da narración breve, ten dito, como exemplo de perfección narrativa que, se ao comenzo dun conto se di que hai un cravo na parede, o personaxe deberá colgarse dese crao ao final. É dicir, que nun bo conto non pode haber absolutamente nada superfluo, senón que todos os elementos deben estar xustificados por cumprir unha determinada función e por estar indisolublemente soldados entre si.
Esta mesma teoría foi máis elaborada por outro grande mestre do relato: Edgar Allan Poe. Así, Poe explicou que o relato parte dunha intención para lograr un efecto, polo que non debería haber unha soa palabra en todo o conto que directa ou indirectamente non gardara relación co designio preestablecido. Deste xeito, puido resumir Julio Cortázar que, para Poe, todo comentario ao acaecemento en si (descricións preparatorias, diálogos marxinais, consideracións a posteriori, etc.) debe ser radicalmente suprimido do conto.
Pola súa banda, o formalismo ruso sistematizou esta teoría da motivación compositiva, baseada na economía máxima de elementos e na utilidade de todos eles para o efecto buscado do relato.
Non me queda outra opción. Frente a min teño o cravo esixindo o sacrificio. A baraza pode servir de sogueira. O cravo parece mirarme expectante, como debecendo pola consumación do relato.
Meta Relatos
Claudio Rodríguez Fer
® Edicións Xerais de Galicia
Comentarios