O primeiro mar que vin

O primeiro mar que vin foi en Tiruchendur
pero tiñamos o día cuberto con oracións
e a tonsura do meu irmán
así que só me deron permiso para coller conchas.
O seguinte foi en Marina Beach
durante unha excursión 
de sétimo curso.
Coidaba de nós a profesora de matemáticas,
que eu destestaba, así que tampouco puiden gozar
do mar que observabamos na distancia, as mans dadas.
Malia o meu traballo na costa nunha escola universitaria,
con abundantes soños
para beber o mar cos ollos,
só puiden mirar o mar
co corazón cangando de leccións.
Tras construír agora unha casa preto da costa
esborrando nada máis un poema para o mar
no canto de andar pola ribeira
para marabillarme coa súa beleza.
No papel descansa
un pisapapeles cunha cuncha mariña puída
observándome mentres escribo.

Thamizhachi Thangapandian

Comentarios

Publicacións populares