Centenario de Clarice Lispector

Paulo Gurgel Valente fala da súa nai 


O primeiro recordo

"Quizá una das primeiras imaxes que lembro da miña nai sexa a do percorrido cara á miña escola en Washington, no inverno. Eu debía ter tres ou catro anos, debía ser, por tanto, 1956 ou 1957; a escola que daba no alto dun outeiro, o camiño cuberto de neve, a miña nai conducindo, o coche dando voltas e voltas ata chegar alá arriba. Alguén me dixo que esta primeira imaxe "xeada" daba unha sensación de clima de pouco afecto. Non estou de acordo en que houbese pouco afecto na súa relación comigo; a miña nai, é posible, quizais dese unha  imprensión de estar <soñando esperta>, de estar unida a outra realidade distinta da presente.

Como era a túa nai?

"Ese era un erro frecuente nos entrevistadores; a miña nai morreu cando eu tiña 24 anos; cando eu nacín ela debía ter 32. E, nese período de convivencia, non foi dunha soa maneira: foron 24 anos de transformacións súas e cambios de puntos de vista meus.

As imaxes iniciais son as dunha muller moi guapa, dunha beleza intrigante, suave e sensible, nos primeiros anos. A estes anos seguiron, xa no regreso definitivo ao Brasil, coa separación do meu pai, épocas de gran angustia, dunha permanente carencia <material> (afectiva?), polas dificultades económicas, polo peso, supoño, de ter que educar a dous nenos, practicamente soa, lonxe do meu pai -o meu pai vivía no estranxeiro-. Pero, canto desta carencia era <material>?

E despois?

"Unha terceira época paréceme que sería de dificultade no <camiño cara á vellez> Que era iso? Un desencanto non admitido pola perda da beleza, da mocidade, da constatación de que os soños non se realizan, dunha indignación respecto ás inxustizas sociais non resoltas e sen esperanza (Macabea, da hora dá  estrela, paréceme un reflexo diso, posiblemente algunha cousa de  Lori en Uma  aprendizagem...) Lembro unha última entrevista en televisión, en 1977, algúns meses antes de falecer, en decembro, na que o entrevistador lle preguntaba se ao escribir tiña algunha esperanza en cambiar as cousas; a súa resposta foi algo así como ..."non cambia nada...", a pesar de falar despois sobre <tocar ao lector, facer contacto>.

Como foi a túa relación coa literatura de  Clarice?

"A miña nai sempre dixo que eu a lería máis tarde. É verdade empecei a ler a maior parte das súas novelas despois do seu falecemento, xa adulto.

Que libro é o que máis che interesou?

"Gústame cada un de forma diferente. A descuberta  do mundo é unha fonte inesgotable de contacto con ela. A paixão segundo G.H. é impresionante; en realidade empecei a poder <ler> os libros da miña nais despois de poder <<sentilos>> e non querer <<entender>>. Creo que é a forma máis recomendada e que suxiro aos principiantes. O proceso de A paixão... é ir lendo sen necesidade de entender, ata resultar completamente envolvido pola lectura. Sentín algunha cousa parecida coa lectura de Crime e castigo de Dostoievski, unha especie de febre. Creo que mesmo a miña nai falou dese sentimento febril en certas lecturas súas, quizais O lobo estepario de Herman Hesse, que tamén me impresionou moito. Falando de semellanzas, recordo que lin un conto de  Katherine  Mansfield , que me pareceu moi similar ao modo da miña nai.  Katherine Mansfield describía un personaxe cun <tremor nos beizos> que atopei de moita delicadeza. Recordo que comentei iso coa miña nai, a súa reacción foi sorrir, coma se estivese de acordo.

Que outros libros che impresionararon?

"Encántame A maça no escuro. Cre que lin centos de veces a primeira páxina. Comecei a ler as súas novelas máis vangardistas (Uma aprendizagem..., Auga viva, Um sopro de vida e A hora da  estrela), de modo que unha historia con comezo, medio e fin, e personaxes menos << biografiados>> como Perto do  coraçao selvagem e outros xa citados, resultou unha sorpresa para min.


® El Urogallo 

Revista literaria y cultural

Xullo-Agosto 1995


Imaxes:  Mariana Valente, Nair Kremer e Ana Waléria Dias

Comentarios

Publicacións populares