A Xosefina coñecina cando eramos ben cativas.
Coñecina dentro da casiña onde
ela era arquitecta e eu chef
Con Xosefina pintabámonos os beizos
e xogabamos ao fútbol
Tomabámonos a man na merenda
e eu poñíame nerviosa ao vela chegar
co pelo vainilla en trenciñas
esas que eu non me sabía facer.
Sentíame ben con Xosefina.
Pero o kinder pasouse rápido
e mandáronme a outros colexios
onde Elas molestábanme por xogar ao fútbol
e Eles non me deixaban xogar por vestir rosa.
Como Eles ocupaban a cancha
sentábame con elas,
e mandáronme a outros colexios
onde Elas molestábanme por xogar ao fútbol
e Eles non me deixaban xogar por vestir rosa.
Como Eles ocupaban a cancha
sentábame con elas,
as miñas amigas,
e as miñas pernas perderon forza.
No pouco espazo que nos deixaban
as miñas amigas facíanme trenciñas
e eu pintáballes os beizos.
Recordo que nos enorgullecíamos
porque era noso propio lugar
coma se fose algún tipo de vitoria
ter 5 m2 de cemento.
e as miñas pernas perderon forza.
No pouco espazo que nos deixaban
as miñas amigas facíanme trenciñas
e eu pintáballes os beizos.
Recordo que nos enorgullecíamos
porque era noso propio lugar
coma se fose algún tipo de vitoria
ter 5 m2 de cemento.
Descubrín as miñas inxustizas, as nosas
empecei a marchar por elas
e descubrín que nos deixaban o mesmo espazo de cemento,
que Eles tiñan os micrófonos
e as bandeiras
porque tiñan forza,
puideran xogar nos recreos.
Descubrín que nos roubaban as palabras
as voces
e que tiñamos que estar agradecidas
porque era algún tipo de vitoria.
Hai un tempo, uns maricallos
empuxáronme nunha marcha
e unha rapaza de pelo como o sol
agarroume.
O pano verde recollíalle o pelo trenzado
e tiña os beizos violeta.
Tomoume a man como no kinder,
porque da man tómanse os patios,
e ofreceume brillo
Co valor que me deu
fíxenme un enredo.
empecei a marchar por elas
e descubrín que nos deixaban o mesmo espazo de cemento,
que Eles tiñan os micrófonos
e as bandeiras
porque tiñan forza,
puideran xogar nos recreos.
Descubrín que nos roubaban as palabras
as voces
e que tiñamos que estar agradecidas
porque era algún tipo de vitoria.
Hai un tempo, uns maricallos
empuxáronme nunha marcha
e unha rapaza de pelo como o sol
agarroume.
O pano verde recollíalle o pelo trenzado
e tiña os beizos violeta.
Tomoume a man como no kinder,
porque da man tómanse os patios,
e ofreceume brillo
Co valor que me deu
fíxenme un enredo.
Eses bicos con purpurina
eran a única vitoria que me valía a pena.
Sentín as nosas loitas e as nosas palmas
trenzadas
Xosefina aínda sabía á suor do fútbol
e a labial de xoguete
agora tamén sabe a muller,
a rebeldía,
a furia e xustiza.
Da man como na merenda tomaremos toda a cancha.
Agora que estamos xuntas.
Agora que si nos ven.
eran a única vitoria que me valía a pena.
Sentín as nosas loitas e as nosas palmas
trenzadas
Xosefina aínda sabía á suor do fútbol
e a labial de xoguete
agora tamén sabe a muller,
a rebeldía,
a furia e xustiza.
Da man como na merenda tomaremos toda a cancha.
Agora que estamos xuntas.
Agora que si nos ven.
Julieta Berriel (Argentina, 1998)
Fotograma da película sueca Fucking Åmål (1998), de Lukas Moodysson
Comentarios