COMO UN GAFEÑO
Consellos a xentes felices
Se algunha vez ti,
enchido dun sentimento de felicidade,
levántaste dun salto e gritas ao vento,
ao mar ou ao silencioso bosque-
dá o mesmo a quen-, gritas “eu son feliz”,
debes saber que as túas palabras seranche reclamadas
ao seu debido tempo con intereses;
o mesmo que cando se escapa un preso antes de cumprir
a súa condena e é detido
de novo e impónselle unha pena
máis dura que antes.
As autoridades da vida non toleran
ningún evadido, e a felicidade é esa sensación
de que a un non lle afectan
as duras condicións da vida, de que un
escapou da canteira misteriosamente.
Por iso, se sentes que a túa felicidade é tan grande
que che relucen os ollos, inclina
o teu rostro cara á terra e baixa a carapucha sobre
a fronte como un gafeño, prosegue mudo
o teu camiño, e que o ton da túa voz non traizoe
o que sente teu corazón.
Lars Hulden
Fotografías de © Hugues Erre
Comentarios