CAPAS: L.A. WOMAN-THE DOORS
Capas
Colleita de 1971
The Doors despedíanse como cuarteto e da voz de Jim Morrison co disco de longa duración L.A. Woman, obra maior do conxunto californiano que potenciaba o blues sobre outros xéneros musicais dentro do repertorio do elepé. Como outros grupos de rock, a The Doors estaban a pasarlles factura o éxito en forma de previsible desbandada da formación de Los Ángeles cando aínda non saíra á venda o citado LP.
Jim Morrison no traballo previo a saída do que ía a ser seu disco póstumo había volto a de escribir cancións de textos cargados de imaxes, metáforas e surrealismo, mais a lírica nas pezas de L.A. Woman non resultaba abafadora grazas ao compacto son da banda. Para o disco contouse coa colaboración dun guitarrista e un baixista, co cal o papel de Ray Manzarek aos teclados resultaba máis autónomo nos seus instrumentos e, por tanto, máis brillante que en anteriores gravacións, sobre todo no éxito Riders On The Storm, peza carismática e suxestiva con chiscos ao jazz e ao rock progresivo.
The Changeling, Been Dowm So Long, Cars His By My Window e Crawling King Snake, está última de John Lee Hooker, están enchoupadas do r& blues en que se inspiraban a miúdo The Doors dende o seu nacemento en 1965. Sen perder esa corrente, están sen dúbida outras cancións máis inclinadas ao rock urbano de comezos dos setenta: L.A. Woman e The Wasp (Texas Radio And The Big Beat), pero non faltan algunha concesión á comercialidade ben facturada como Love Her Madly ou á grafomanía barroca de Morrison: L'America.
Por último, a melódica Hyacinth House contribúe a gabar a faceta de cantante de Morrison, de limpa dicción máis de bardo atemporal que de crooner impoluto, quen sen o acompañamento de teclados a modo clásico graváraa nunha maqueta de 1969 editada como curiosidade no primeiro cedé do recompilatorio The Doors Box Set (1997).
Comentarios