A MIN FÁRTAME UN POUCO TODO ISTO

 


Limpaches o esperma
entraches á ducha.

Deches o lapote ao testemuño
pero non ao recordo.

Agora
eu aquí, frustrada
sen permiso para estalo
debo esperar
e acender o lume
e limpar os mobles
e encher de manteiga o pan.
Ti comprarás con sucios billetes
o teu capricho
pasaxeiro.

A min fártame un pouco todo isto
en que deixo de ser humana
e transfórmome en traste vello.

Ana María Rodas (1937, Guatemala)

Fotografía © Eva Abeling

Comentarios