ESTA É A HISTORIA DE AMOR DO SÉCULO

Quérote

Quérote tan desmedidamente
dixeches
ninguén puido amar nunca como eu
Construín unha pirámide co meu amor
dixeches
coloqueite sobre un pedestal 
moi por enriba
das nubes
Esta é a historia de amor do século
dixeches
existirá para
sempre será admirada durante toda a eternidade
dixeches

A min foime difícil durmir
as primeiras setecentas trinta noites
despois de comprender
o  desmedidamente que ti amas
o teu amor


Märta Tikkanen

Debuxos de Henrik Tikkanen

Comentarios