MELODÍA DO ALÉN
Músecos
Iles verquen eiquí a melodía do alén
mesturada de coor pra os ollos mortaes.
Os longos dedos tanxen resprandor
e a múseca vai coma un auga queda
polos seus corpos febles,
traspasa isa materia fremente onde o pincel
deixou o misterio da forma estrelecida.
Coma o segredo roular dunha pedra
aló, lonxe, na soidade da valgada
ou a sempre repetida pulsación dunha nota
na vasta vouta do ensono,
ou o sopro de Deus na sequía ardega,
a múseca vai xurdindo daquil silenzo,
povoando de azas a noite,
tecendo fíos de luz antre as almas obsortas.
Eu quero, pra o meu desasimento da materia,
ista múseca lene que soio eu oio
e que me ven de aló, do mais outo e puro,
pra lembrar ao esprito a forza e a beleza
diste vagar noso pola terra desconocida.
Paisaxe en rocha viva
Eduardo Moreiras
Eduardo Moreiras
Pintura de Alfonso Sucasas
Comentarios