RELÁTOME POLO PASEO ARRIBA MERGULLADA


Letras Galegas 2021

Polo paseo arriba mergulleime naquilo que non
era meu
e sentinme tan dentro
que me era de xeito
que os vidros subían o ton
e quedaba abandonada séndome tan
ben     das estrelas fuxidías erguían
os voos os paxaros e andaba 
perdida en todo eu que era todo aquilo

tivo que pasar: aparexeime nos ventos
contaminados sinto ese vehículo
acenderse   xa o coñezo tanto que
Pásote
Dou outra volta
Relátome polo paseo arriba mergullada

Denuncia do equilibrio (1986)
Xela Arias

Fotografías de © Birdee

Comentarios