AQUEL PAXARO
Dor de pardal
.Un paxaro entrou nunha casa
Un pardal
.Inmediatamente
Aquel pardal sabía moi pouco
.do cristal
Botábase contra as ventás,
sentíase
,estoupar
latear
,de dor
desa dor
da infancia
,por non ter as respostas
,por depender de que alguén che abra a porta
por descubrir que non é fácil entrar e saír
,dunha casa
sen máis.
Nunca mascotas
Paula Carballeira
Comentarios