CANDO CHEGUEN OS TEMPOS NON CHEGADOS
Castelao
Cando cheguen os tempos non chegados
cando canten as mans traballadoras
nas doídas manceiras dos arados
e nas salgadas redes pescadoras.
cando canten as mans traballadoras
nas doídas manceiras dos arados
e nas salgadas redes pescadoras.
Galicia ceibe tallará o teu nome
nas outuras do Pórtico da Groria
pra que falen os anxos con un home
que leva a patria enteira na memoria.
nas outuras do Pórtico da Groria
pra que falen os anxos con un home
que leva a patria enteira na memoria.
Unha nova Galicia sen cadea
que non esportará máis sangue humán
que non esportará máis sangue humán
nin asoballará unha man allea:
Unha Galicia nova, a de mañán,
que xa ven alborando, xa clarea,
no peito arrolará teu soño irmán.
que xa ven alborando, xa clarea,
no peito arrolará teu soño irmán.
Lorenzo Varela
Caricaturas de Castelao, por Luis Bagaria, y de Lorenzo Varela, por Luís Seoane.
Comentarios