ANTÓN TOVAR. CENTENARIO

 

E si viñesen

E si viñesen a buscarme...
xa o levo dito tantas veces
que ás veces penso que é mentira
porque se atrasan e non veñen.
I han de vir todos, han de vir todos...
Que no asubío está dos trenes
e no tic-tac do meu reló
que nas entrañas apodrece,
I está no vento polos montes
na voz dun can ó anoitecere.
Han de vir todos. Ti o anuncias
coas túas caricias... Non me beixes.
Déixame quedo... Que non veñan!
Que non me leven xa pra sempre


Non
Antón Tovar










Pintura de Xaime Quessada




Comentarios