CAMIÑAR ENCHOUPADOS

Rúa

Escura cidade de mala morte
Chove e fai demasiado frío
Levamos postos impermeables
Tiñamos un paraugas negro
Por máis que lles fixésemos acenos os taxis non paraban
Saímos a camiñar entón
Os nosos corpos unidos e tan preto
A que futuro enfrontabámonos
ao camiñar enchoupados totalmente?
Un hotel cálido
Corpos
Mornos
Pero das palabras
Dos actos do noso amor
Non podo lembrar
Apenas nada

Shiraishi Kazuko

Pinturas de Mike Barr 

Comentarios