CARA A UN VOLCÁN
Evasión ou vitoria
Xa toda a terra é un cárcere,
así que
desta vez
imos facer un gran túnel
que una todos os demais
cara a un volcán.
Levamos tempo de máis
construíndo labirintos.
Agora,
as toupas,
comezaremos a furar as entrañas das profundidades
ata que saia a lava.
Cambiarémoslle a cara
ao antes chamado planeta azul,
que despois será quente, vermello e negro.
Xusto o que nós vemos
entre o que non vemos.
Estamos de camiño.
Cando cheguemos
poderedes deixar de preocuparvos
polo futuro,
pola apocalipse.
Por fin,
Fin.
Comentarios