UNHA VELLA QUE SE QUERÍA CASAR (CONTO LUGUÉS)

Contos populares da provincia de Lugo



O "pampanario"


Érase que era unha vella de Santa Comba que se quería casar, pero que era tan vella, que o señor cura non se atrevía a botarlle a bendición,e, para librarse do compromiso díxolle que iba a poñerlle unha agulla no pico do campanario. Si a vía desde o terreo, casaba; pero, si non vía a agulla, non casaba. Entonces a vella púxose mira que mira, i a cabo dun anaco díxolle ao crego:

—Aí, señor cura, a agulla ben a vexo; o que non vexo é o "pampanario".

Tanta era a gana que tiña de casarse.


Comentarios

Publicacións populares