ONDE CANTA A LABERCA

 

Heiche dar todo canto levo dentro
do meu peito ferido e desolado:
unha paixón xenlleira e un malfado
a reverter decote cara o centro.
Heiche da-los tesouros onde centro
o meu ollar de pronto maceirado:
un moimento de amor, un ben amado
corpo, prá luz aberto dende adentro.
Heiche dar celamís desta esperanza
colleitada nos eidos da bremanza
onde canta a laberca máis belida.
Heiche das moitas cousas outramente
cando veñas a min un claro abrente
a me trae-la infancia xa perdida.


Nos eidos da bremanza
Fiz Vergara Vilariño

Fotografías The Vespert I y II, de © Sára Saudková


Comentarios

Publicacións populares