PARECIDOS RAZOABLES

 

Se isto é un home

Os que vivides seguros
Nas vosas casas caldeadas
os que vos atopades, ao volver pola tarde,
A comida quente e os rostros amigos:
Considerade se é un home
Quen traballa no lodo
Quen non coñece a paz
Quen loita pola metade dun boliño
Quen morre por un si ou por un non.
Considerade se é unha muller
Quen non ten cabelos nin nome
Nin forzas para lembralo
Baleira a mirada e frío o colo
Como unha ra invernal.
Pensade que isto sucedeu:
Encoméndovos estas palabras.
Gravádeas nos vosos corazóns
Ao estar na casa, ao ir pola rúa,
Ao deitarvos, ao levantarvos;
Repetídellas aos vosos fillos.
Ou que a vosa casa derrúbese,
A enfermidade imposibilítevos,
Os vosos descendentes vólvanvos o rostro.

Primo Levi

Comentarios

Publicacións populares