A FAMILIA DE PASCUAL DUARTE, 1942-2022
UNHA
Magacela (Badajoz) a 9 de xaneiro de 1942
...
Dispuxo dos negocios da yalma cunha seguranza e sereidade que a min deixáronme enterado e pronunciou dediante de todos cando chegou o istante de que o levaran ó pateo, un "Fágase a vontade do Señor", que mismamente nos deixara pasmados coa súa edificante humildeza. Lástima que o nemigo lle roubara os derradeiros istantes, que senón, ben seguro que a súa morte había ser tida por santa! Eixempro de tódolos que estivemos presentes foi (deica que perdera a contienza, como digo), e proveitosas consecuencias pra o meu doce ministerio da cura de almas, puden sacar de canto vin. Que Diólo haxa acollido non seu santo seo!
E A OUTRA
La Vecilla (León), 12-1-42
...
Tocantes á súa morte, no lle direi máis sinon que foi igual que todas e disgraciada de todo e que, anque de principios se puxera flamenco e ceibara dediante de todos un Fágase a vontade do Señor! que nos deixou apouvigados, logo se esqueceu de mantela a compostura. De que viu o patíbulo, esvaiuse e de que acordou os berros que daba de que non quería morrer e de que o que lle facían non había dereito eran tales que houbo que levalo arrastro deica o pau. Alí bicou pola derradeira vez o crucifixo que lle amostrou o Padre Santiago, que era o capellán do cárcere e mismamente un santo, e rematou os seus días cuspindo e patexando, sin miramento ningún dos presentes, e do xeito máis ruín e máis baixo que un home pode acabar; demostrándolle a todos o seu medo á morte.
Traducción feita en 1962 por Vicente Risco das últimas páxinas da novela A Familia de Pascual Duarte, de Camilo José Cela.
Fotograma do filme La familia de Pascual Duarte (1975), dirixida por Ricardo Franco.
Comentarios