BEBÉMO-LAS ESTRELAS

 


A miña man tocaba a ausencia do seu corpo
e os seus ollos, levísimos, insinuaban
a inacabable tarde dos cabalos brancos.
Percorrémo-lo sexo coa alegría
dun animal insomne.
Non existía a morte!
Ameite así. Na urxencia do teu nome.
Aventúrome
tralo latexo da palabra.
Arredado.
Como un deus no desterro.
Era maio de 1968.
(Os sindicatos son prostíbulos)
Na Sorbona, graffiti polos muros.
Bebémo-las estrelas
como os centauros a auga.

Queimada
Carlos Penelas

Imaxes: fotograma do filme Je t'aime je t'aime (1968), de Alain Resnais e graffiti na Sorbona.

Comentarios