LETRAS GALEGAS 2022/CANTARENAS NA NOITE


 
Cantarenas na noite: Foguetes que aluméan, caldeirois froreados e notas rebuldeiras. Cantarenas risoñas, parafusos das trevas, arrautadas de mozos que o dormir espaventan, desafío pra os galos, doce acordo prás nenas. Afillados do viño, da xolda mensaxeiras e pándigo alcaloide da ledicia da Terra, que os tópicos axota de "Compañas e meigas".

Cantarenas, relanzo no correr das angueiras. Cantarenas, estoiro, puxante barileza e brincadeiro diástole dos corazois en festa.

Cantarenas, soas das noitadas antergas...

Arastora, sen mozos, e un xerocomio a aldeia e o silencio da noite só as curaxas o quebran.

Ulas as mocedades? Ulas as cantarenas?

Florencio Delgado Gurriarán

As imaxes están recollidas do libro:

Florencio Delgado Gurriarán
Vida e obra dun poeta valdeorrés,
republicano e galeguista
Autor: Ricardo Gurriarán
serie/DOCUMENTOS
Ediciós Do Castro
O Castro. Sada. A Coruña. 1999

Comentarios