CARIÑO DE TANTAS MAUS

27 agosto  — Quiroga —

Os balcóns das casas vellas da montaña teñen historia. Historia humán non escrita nos libros. Historia vivida por xeneracións labregas que asomaron á solaina a xuvenil espranza ou, no inverno da vida, a mágoa tristeira que precede á morte.

A táboa soaviña polo cariño de tantas maus, aínda garda o recendo do bosque onde foi nada. Agora xa é madeira humán perecedoira, co tesouro de tantas vidas escritas ca linguaxe sotil das cousas que duran máis que os homes.

Pra min —coma tantas cousas dista Galicia anterga —, certos debuxos da madeira distes balcóns son orientais. Que fonda raigaña habería no espírito do mestre carpinteiro que tracexou isas curvas?

Follas de vagar
Eduardo Moreiras

Fotografías de © Roque Soto Soto

Comentarios