A LÚA DE AMORODO
A lúa de amorodo e do trigo que madura, saíndo por tras do monte da parroquia viguesa de San Xoán do Monte. O nome da lúa chea de xuño fai referencia ao
comezo da temporada da recolección dos amorodos, eses que tanto lle gustaban a Novoneira:
Todálas tardes traguía
gargantillas de morodos
i arandos que eu recollía.
En chegar comíos todos.
Os italianos chámanlle: "La luna gialla del grano che matura" (a lúa amarela do grao que madura) porque é, a principios do verán, cando comeza a recolección do trigo.
Tódolos nomes das doce lúas cheas puxéronllos os nativos de América do Norte e todos están relacionados coa natureza. Os indios americanos vivían en paz e harmonía coa natureza ata que chegaron os europeos. Despois dun vasto e prolongado xenocidio, metéronnos en reservas e acabaron coa súa cultura, pero o nome das doce lúas perdura e nós lembrámonos deles cando as nomeamos:
A lúa do lobo, a lúa da neve, a lúa do verme, a lúa rosa, a lúa das flores, a lúa do amorodo e o trigo que madura, a lúa do trono, a lúa roxa, abranca lúa do millo que madura, a lúa de sangue, a lúa das follas e a lúa fría do sol que morre.
Texto e fotografías de Manuel R. Crespo
Comentarios