O verbo
Recompoñer o mundo
para máis ir poñendo
sobre unha morte outra
até atinxir o tempo
que se vai polo ollo
de luz da ponte.
Bandeiras sulagadas.
Noite
e señardá.
Latexa o verbo.
Cántigas de alén (En homenaxe a Arturo Baltar)
José Ángel Valente
Figura de Arturo Baltar
Comentarios