CENTENARIO DE JACK KEROUAC

 

Nos laterais

Naqueles anos os libros aínda espertaban atención e os escritores podían —de verdade— cambiar as cousas. Diríase que en 1957 Allen Ginsberg e Jack Kerouac saíron da nada, a pesar de que desde principios dos cincuenta, de maneira subterránea, escribían poesía e narrativa. O que pasaba era que, ata aquel momento, ninguén se atreveu a publicalos. Eles deron voz ao desasosego e ao descontento espiritual que tantos experimentaban sen podelo expresar. E aquelas palabras de ritmo irresistible e hipnótico desamarraron o desexo imperioso de vivir unha vida libre. Os escritores beat atopáronse cun público tan maduro, tan no seu punto, que o impacto foi inmediato. A represión procrea intensidade. Para min, os últimos anos da década dos cincuenta tiveron unha intensidade particular que xamais foi igualada. O movemento beat durou cinco anos e empuxou a moitos mozos para imitar a Jack Kerouac e lanzarse á estrada. Ás mozas, a loita pola liberdade resultoulles moito máis complicada. Con todo, aquela foi a miña revolución.

Eu non me  movín de Nova York. Tan só deixei o barrio no que crecera e mudeime ao sur de Manhattan. E, por accidente, terminei acompañando a Jack Kerouac no centro do escenario, onde estaba a acción, non obstante sempre sentinme nos laterais. Mergulleime no papel de observadora moito máis do que desexase. E, malia que non tomei apuntamentos, repetíame: «Lembra isto». 

En 1981 Jack Kerouac levaba doce anos morto. Cando unha noite fun ao Pizza Express, un club de jazz de Londres, non pensaba en escribir un libro de memorias. O nome do local dá unha idea do pouco sofisticado do mesmo: un club anódino aloxado nun soto de teito baixo e cheo de fume preto de Hyde Park. Na penumbra, nin as pizzas conseguían distraer á nova clientela de rostro absorto e engaiolado. O desfasamento horario había facer efecto en min. Quizá por iso sentinme transportada a 1957 e lembrei un nome —The Open Door— e tamén que estaba de pé ao lado de Jack, namoradísima, esperando o último set de Miles Davis.

Personaxes secundarios
Joyce Johnson

Fotografía de Jerry Yulsman


Comentarios

Publicacións populares