PARA CANDO UNHA MEDALLA CASTELAO PARA XAQUÍN MARÍN?


 X. Pérez Mondelo

Un dos rasgos máis definitorios da condición humana e daquela de todos os pobos é o humorismo. E, se falamos da idiosincrasia complexa do pobo galego, unha das múltiples arestas que a conforman é precisamente a súa singularidade no tocante á súa concepción do humor, como mecanismo de comprensión da realidade e mesmo de autodefensa ou cuestionamiento perante o inexplicable ou absurdo do cotián e o transcendente.

No campo da creación artística é ben fértil o noso pasado e o noso presente, desde as cancións satíricas  medievais até os creadores e humoristas dos nosos días. Unha liña consubstancial á nosa cultura, que acada a súa maxima encarnación na figura e na obra de Xaquín Marín.

É tan fecunda a súa obra e tan diversa, tan xenerosa é a súa personalidade, que non podemos deixar de preguntarnos por qué aínda non se ten recoñecido -institucionalmente- o seu inxente contributo artístico cunha homenaxe á súa altura.

É por iso que interpelamos a toda a sociedade galega con esta obvia pregunta: para cando unha medalla Castelao para Xaquín Marín? 

E onde dicimos isto, tamén podiamos dicir calquera outro tipo de recoñecemento, como o seu ingreso na Real Academia de Belas Artes, a concesión da Medalla de Honor desta institución ou do Día das Artes Galegas, a Medalla de Galicia... Calquera distinción que honre a un dos grandes creadores da Galicia contemporánea.


Publicacións, personaxes e retranca de Xaquín Marín.

Fotografía de © X. Pérez Mondelo

Comentarios

Publicacións populares