ACEIRO E BÁGOAS
Vixiaba a seneridade
Era incesante na paixón baleira. Os cans uliscaban a súa pureza e
as súas mans feridas polos ácidos. No amancer oculto entre os
valados brancos, agonizaba ante as estradas, vía entrar as sombras
na neve, ferver a néboa na cidade profunda.
Vixiaba a serenidade adherida ás sombras, os círculos onde se
depositan flores abrasadas, a inclinación das vides.
Algunhas tardes, a súa man incomprensible conducíanos ao lugar sen
nome, á melancolía das ferramentas abandonadas.

Cada mañá poñía nos regueiros aceiro e bágoas e adestraba aos
paxaros na canción da ira: o regueiro claro para a filla
docemente imbécil; a auga azul para a muller sen esperanza, a que
cheiraba a vertixe e a luz, soa no sumidoiro entre bandeiras brancas,
frita baixo o salgueiro de follas e as pálpebras xa amarelas de amor.
paxaros na canción da ira: o regueiro claro para a filla
docemente imbécil; a auga azul para a muller sen esperanza, a que
cheiraba a vertixe e a luz, soa no sumidoiro entre bandeiras brancas,
frita baixo o salgueiro de follas e as pálpebras xa amarelas de amor.
Era incesante na paixón baleira. Os cans uliscaban a súa pureza e
as súas mans feridas polos ácidos. No amancer oculto entre os
valados brancos, agonizaba ante as estradas, vía entrar as sombras
na neve, ferver a néboa na cidade profunda.
O vixilante da neve
Antonio Gamoneda
Antonio Gamoneda
Fotografía de © Jonathan D. Woods
Comentarios
Unha apreta!