ALÍ Á SOMBRA DO RÍO

Despide ao mundo cun bico

Nunca tiven ningunha queixa rapaces,
Non por nada que faga,
Tiña algunhas contas co diaño, rapaces,
E pagueinas todas menos unha
E non me lamento da vida
Que vou abandonar,
Canseime de buscar
Algo que non puiden achar.

Ireime alí á sombra do río, unha vez máis
E sentirei a brisa na miña faciana antes de morrer,
Vou deixar o que quede da miña sorte aos perdedores.
Inclinareime, e despedirei ao mundo cun bico.

Fun afortunado en amor,
Non tiven nunca queixas,
Nunca dixeron que era malo,
Pero, desde logo, non fun ningún santo;
Son soamente un río que correu por sempre
Sen chegar nunca ao mar;
Non vou reprochar a ninguén,
Son o único culpable.


Border Lord (1972, Monument Records)
Kris Kristofferson

Fotografía de ©Roque Soto

Comentarios

Publicacións populares