A SÚA MANSA NATUREZA

A  correa

Despois do parto de bombas de forcas e medo,
as frenéticas armas automáticas despregadas,
o resío de balas nunha multitude colleita de mans,
ese cru ceo abríndose en gorxas lousa metalizado
que só se tragan o indecible en cada un de nós, que
queda? Ata o río escondido en ningún lado é dun alaranxado
velenoso e ácido por unha mina de carbón. Como podes
non temerlle á humanidade, querer lamber o fondo do arroio
ata deixalo seco, succionar a auga mortífera cos
teus propios pulmóns, como veleno? Lector, quero dicir:
Non morras. Aínda cando un tras outro peixe prateado
emerxa boca arriba, e o país caia en picado
nun cráter estralante de odio, non queda seica algo
que aínda canta? A verdade: non o sei.
Pero ás veces, xúroche que o oio, a ferida pechándose
como unha porta de garaxe ferruxenta, e aínda podo mover
as miñas extremidades vivas no mundo sen moito
sufrimento, podo asombrarme aínda de como corre
a cadela ata as camionetas como alma que
leva o diaño, porque cre que os ama,
porque está segura, sen ningunha dúbida, de que
iso que roxe forte amaraa de volta, a súa mansa natureza
viva de desexo por compartir o seu maldito entusiasmo,
ata que tiro da correa para salvala porque
quero que sobreviva para sempre. Non morras, digo,
e decidimos camiñar un intre máis, os estorniños
febrís no alto sobre nós, o inverno vindo deitar
 o seu frío cadáver nesta pequena parcela.
Quizá nola pasamos sempre lanzando o noso corpo
cara a aquilo que nos ha de destruír, mendigándolle amor
ao rápido paso do tempo, e quizais, como a obediente
cadela aos meus talóns, podemos camiñar xuntos
tranquilamente, polo menos ata que pase a próxima camioneta.


The leash

After the birthing of bombs of forks and fear,
the frantic automatic weapons unleashed,
the spray of bullets into a crowd holding hands,
that brute sky opening in a slate-metal maw
that swallows only the unsayable in each of us, what’s
left? Even the hidden nowhere river is poisoned
orange and acidic by a coal mine. How can
you not fear humanity, want to lick the creek
bottom dry, to suck the deadly water up into
your own lungs, like venom? Reader, I want to
say: Don’t die. Even when silvery fish after fish
comes back belly up, and the country plummets
into a crepitating crater of hatred, isn’t there still
something singing? The truth is: I don’t know.
But sometimes, I swear I hear it, the wound closing
like a rusted-over garage door, and I can still move
my living limbs into the world without too much
pain, can still marvel at how the dog runs straight
toward the pickup trucks break-necking down
the road, because she thinks she loves them,
because she’s sure, without a doubt, that the loud
roaring things will love her back, her soft small self
alive with desire to share her goddamn enthusiasm,
until I yank the leash back to save her because
I want her to survive forever. Don’t die, I say,
and we decide to walk for a bit longer, starlings
high and fevered above us, winter coming to lay
her cold corpse down upon this little plot of earth.
Perhaps we are always hurtling our body towards
the thing that will obliterate us, begging for love
from the speeding passage of time, and so maybe,
like the dog obedient at my heels, we can walk together
peacefully, at least until the next truck comes.

The Carrying (2018)
Ada Limón

Fotografìas: kentycky.com e Twiter

 

Comentarios

Publicacións populares