CENTENARIO DE PASOLINI

 

Logo, cando aínda estaba falando, chegou Xudas, que era un dos doce, e con el un troupelo de xente armada con espadas e paus, que viñan da parte dos escribas e dos anciáns. O treizoeiro déralles este sinal: A quen eu bicare, ése é; collédeo e levádeo con seguranza. Ao chegar, pois afincouse a el e saudouno, decindo: Mestre; e bicouno. Eles botáronlle as mans e prendérono. 

Entón un dos que alí estaban, tirando da espada, feriu a un servo do Sumo Sacerdote e cortoulle unha orella, Xesús díxolles: Salídeches con espadas e paus para prenderme coma se fora un ladrón. Eu estaba decote con vós ensinando no Templo e non me prendéchedes; pero sucedéu desta maneira para que se cumpriran as Escrituras.

Daquela todos fuxiron, deixándoo só. Un mozo íbao seguindo cunha saba envolta ao corpo espido; os outros botáronlle a man pero él soltou a saba e fuxéu encoiro dentre eles.

Fotogramas da rodaxe do filme l Vangelo secondo Matteo (1964), de Pier Paolo Pasolini.


Comentarios

Publicacións populares