NA FERMOSA E FARTUREIRA ANTHORQUE
O Verbo
Nos tempos en que Zoroastro recibía no ceo do deus Ormuzd <a palabra de vida>, seis mil anos dinantes do nacemento do noso señor Xesucristo,- había unha comarca fermosa e fartureira, nomeada Anthorque, que lindaba coas augas do mar Caspio. En ningures, non sendo no occidente de Iberia, podia acharse terra máis deleitosa.
As saudades palas eidos nativos comenzaron a xurdir nas almas dos anthorqueses, que vagaban polo paradiso dos persas.
-Señor -dixéronlle unha vez a Ormuzd-, o ceo que nos donáchedes non pode ser mellor; mais nós temos lembranzas feridoras pala doce e doada terra de Anthorque. ¿Por qué, oh deus, non nos facedes a mercede de axeitar un curruncho deste ceo de maneira que teña os arboredos vizosos, as campiñas ridentes, as augas espellantes e quedas daquelas meigas terras nas que quedaron os nosos corpos mortás?
E Ormuzd viu que aquela era bo. Mandóu chamar ao arquitecto celeste, e fixo un ceo aparte pra os anthorqueses.
-Oh, meus deus Ormuzd -díxolle o porteiro maior-; podente é a vosa voluntade, que comprida será. Mais polo que toca a min, terá! unha grave dificultade. Como ese lugar é tan feiticeiro, todas as almas que entren no ceo cobizaránno. “De qué xeito hei de compoñerme pra que non entren nel máis que as almas dos anthorqueses?
E Ormuzd respondéulle:
-Unha sinal divina teñen as almas: o verbo, palabra de vida e de actividade que eisistía antes da auga, do ceo, da terra e de todos os animás. El distingue ás criaturas. Quen non fale o anthorqués non entrará no seu paradiso .
Quedóu convencido o porteiro. Un dia petaron na porta do ceo …
-“Quén chama?
-Un anthorqués que quer entrar na parte do ceo que lle corresponde.
-Ti non és anthorqués, porque falas o zendo.
-Eu son nado en Anthorque.
-Pois fala entón na túa língua.
-A non adeprendín, porque era fala de sudras.
-Pois daquela non entrarás. A sinal divina do verbo nativo non brila no teu espíritu.
-¿E a dónde teño de ir entón?
-Ao inferno, que no ceo non poden ser ademitidos os desleigados que faltan á lei de Ormuzd.
Manuel Lugrís Ferreiro
Comentarios