TÚNEL PARALELO Á BOCA DO MONTE



Montefurado. A Boca Pequena

Manuel R. Crespo

Nos anos setenta do século pasado, un grupo de amigos fixemos unha ruta a pé duns 15 km pola vía do tren dende Sequeiros ata Montefurado e acampamos fronte o túnel romano, na parte Norte. Descubrimos un pequeno túnel, paralelo o romano, que atravesaba o monte, pareceunos demasiado estreito como para atrevernos a cruzalo. Hoxe o túnel ten unhas medidas aproximadas de 2,5 metros de ancho, 3,5 metros de alto e 56 metros de lonxitude. Non hai información científica clara sobre a orixe deste túnel, nin cando nin para que se fixo esta ampliación posterior aos anos setenta. A localización do túnel non está sinalizado e non ten ningún tipo de cartel informativo. Para poder velo hai que achegarse a el abríndose paso entre árbores e saltando pedras. O frondoso arboredo non o deixa ver dende lonxe.

Unha mágoa que non poñamos en valor algo que ten gran interese a nivel cultural e turístico. Queda moito por descubrir e pór en valor no entorno da aldea de Montefurado: covas en terra para o viño, a oliveira máis vella do municipio de Quiroga, a igrexa, as médulas auríferas, as rúas e casas tradicionais, a “Boca Pequena” e a “Boca do Monte” que abriron os romanos na Pena do Corvo, unha das maravillas da nosa historia .

O parecer hai risco de afundimento do túnel romano ante unha forte riada. A idea de volver o río a súa canle orixinal podería ser interesante, permitiría ser visitado polo público e evitaríase o risco dun novo derrubamento.

Fotografías de © Manuel R. Crespo

Comentarios

Publicacións populares