AMORES ABANDONADOS

Nos portos

O noso amor parecía imposible pero non o era.

Bícabamos como se bican
os amantes nos portos e as estacións de tren.

Cada carta foi sempre a penúltima.

Falábamos pouco pois os amantes imposibles
non fan plans o un co outro.

Non imaxinan tardes de domingo no parque
con dous ou tres pequenos e un xeado de framboesa.

Non, o noso amor pasaba apenas o instante.

Mirabamos moito e iso bastaba,
os nosos corpos conquistaban a censura,

as túas costas unha praia ás cinco da tarde,
eu unha onda embravecida sobre o teu ombreiro esquerdo.

Tócabamos como se tocan as cousas prohibidas
como outra forma de posuír, como outra maneira de non esquecer.                                
Toda persoa debería vivir polo menos un amor imposible,
vivilo antes de descubrir a verdade máis triste de todas:

que non existen os amores imposibles,
só os abandonados.

Denisse Vargas
Fotogramas do filme From Here to Eternity (1953), dirixida por Fred Zinnemann

Comentarios

Publicacións populares