MOSTEIROS ANTERIORES Ó ROMÁNICO


Pouco é o que sabemos destes mosteiros anteriores ó románico. Dalgúns a penas o nome. Chegáranos tan só simples referencias dos de San Clodio, Reboreda e Carioca (Quiroga), que, en 1154, Vasco Pérez de Quiroga e a súa nai dona Elvira deron a Raimundo, prior dos cabaleiros de San Xoán ou frades de Ultramar, como dicían daquela, e dalgúns dos moitos que debeu de haber en terras de Camba e do Bibei, como o de San Cibrán de Pinza, dotado no ano 916 polo arcipreste Xulián, o de San Xoán Bautista e San Paio, do que soa o abade Sepranto e os de San Breximo e San Paio, do que soa o abade Sepranto e os de San Breximo ou Veríssimo, San Xoán de Camba, e tal vez Bembibre (Bene vivere) e, o de Frieira, en San Xoán de Barrio, que no seu nome revela unha comunidade templarios, anterior aos sanxoanistas. 

De todos eles perdurou tan só o de monxas bieitas de San Salvador de Sobrado de Trives, ata a súa incorporación ó de San Paio de Antealtares, a comezos do século XVI. A aquel debeu de incorporarse o inmediato de Santa María de Cesures que atopamos xa en 1087.

Bracara Augusta XXI, 1967
Xesús Ferro Couselo


Comentarios

Publicacións populares