CAES SOBRE A ESTEIRA

 

Do total de mulleres que están en círculos de prostitución, só un 2% faino en plena liberdade, o resto faino sometida a grupos mafiosos ou empresarios pola súa mala situación socioeconómica.

Lydia Cacho

A puta vida

Véxoa pasar marcada por esa cor negra que é vida e dá forma á súa beleza adolescente. Diríxese ao serrallo rueiro da cidade onde se desenvolve o tráfico de carne humana entre o ruído de automóbiles, barcos e de traballadores autómatas que non teñen vista para a súa figura de froito maduro, de carne tersa que leva ao éxtase aos fariseos do amor.

Só uns poucos euros recolleu dun par de apareamentos contra a parede como unha cadela en celo que nin se molesta en mirar á cara do animal que a cubriu.

A lúa declina cansada fronte ao leito do mar en calma. A muller escura volve á sombría vivenda pátera onde é ultraxada polo proxeneta que con voz en berro recriminaralle os escasos billetes traídos. Unha colleita gañada coa suor do seu corpo e coa humillación nos seus ollos como soles próximos que ninguén recoñece. Canto daría por escoitar a voz dos anciáns dentro da choza onde falan de antepasados guerreiros. Caes sobre a esteira esperando que arroupen teu soño as mans negras tan queridas e o branco sorriso da túa nai.

Fotografía ® AP Ver menos

Comentarios

Publicacións populares