Á BEIRA DE CALQUERA ESTRAGO
Never more
Sentado á beira da desesperanza,
mirando como o tempo babexa no meu patio,
invento estas palabras
que non son, nin siquera, o mellor de min mesmo.
Aquí dentro está escuro
e hai ventos e laídos;
por onde queira que camiñe pingan
como pequenas mortes,
como cantos.
invento estas palabras
que non son, nin siquera, o mellor de min mesmo.
Aquí dentro está escuro
e hai ventos e laídos;
por onde queira que camiñe pingan
como pequenas mortes,
como cantos.
Sentado á beira de calquera estrago,
esfollando unhas flores engurrosas e murchas,
a soidade contémplase na miña sombra ausente.
Se alguén abrira, agora, a miña moradía
para amosarme o mundo tal como eu o soñei,
diríalle, tan só, que é tarde, que é moi tarde.

Porque custa traballo descose-la tristura.
Limpar tódalas furias rebordadas.
Luír ese sorriso que xa teño en desuso
e amar a labaradas como noutrora amei.
Limpar tódalas furias rebordadas.
Luír ese sorriso que xa teño en desuso
e amar a labaradas como noutrora amei.
que aquecía paxaros baixo o sol da súa casa.
Voces alén-mar
Roberto Díaz
Pintura de Edward Hopper
Comentarios