UN BURRO ENZOUFADO EN ALCATRÁN
Outra lenda da Cova da Serpe
No monte Cova da Serpe vivía unha enorme cobra que tiña cheo de medo aos veciños de Miraz, pois sempre baixaba a beber nunha fonte cerca da Torre que aínda se coñece polo nome de Pozo da Serpe.
A xente decidiu un día acabar con tal monstro e para iso argallaron de darlle de comer un burro enzoufado en alcatrán.
A serpe comeu o burro e morreu de contado. Aínda na cima do monte existe a cova onde vivía o animal, de aí o nome que leva.
Lugar da lenda: Miraz, Friol, Lugo.
Recollida por X.M. González Reboredo en 1975
Comentarios