UNHA MÚSICA HARMÓNICA
Os bancos e as flores
Os bancos do xardín fúndense na herba
unha música harmónica deita unha espiral evocadora.
unha música harmónica deita unha espiral evocadora.
Sorpréndeno as cousas miúdas
as febras do céspece que se incllinan osixenadas
nas marxes dos carreiros.
Que cada ano morran miles de rosas.
Do cáliz avultado parten polo aire
inequívocas flores
que trasnoitan perdidas
miles de volátiles xens
esparexéndose polo horizonte
desvalidos
sen ventre protector.
Pregunta como prenden na súa sementeira.
As grinaldas batíanse en loita cruzada
anunciando algo que non soubemos presentir.
Semella vagorosa a transición dos días
buscabamos con desgana o abrigo da frescura.
Os bancos e as rosas
orfas
calquera noite sen candeas que acender.
Novembro
Pura Tejelo
Imaxe 2. Pintura de Monet.
Comentarios