SE VAN OU VEÑEN


Toda a miña tribu sementada está
de encrucilladas que non teñen
o garimoso consolo dun cruceiro.
nen o amparo dun humilde retábulo
das ánimas. Camiños vellos,
tortos, dubidosos: non se sabe
se  levan ou se traen, se van
ou veñen, de onde veñen, a quen traen
ou levan. E un queda inmóvil,
caviloso, estantío, sen saber:
con nidios soños seus calados, 
crucificados e perdidos
na enigmática cruz da encrucillada.

Ritual pra unha tribu capital de concello
Manuel María

Comentarios

Publicacións populares