UN SILENCIO PECHO
Tamén ti es cuíña
Tamén ti es cuíña
e carreiro de seixos
e xogo nos canavais,
e coñeces a viña
que de noite cala.
Non dis palabras.
Hai unha terra que cala
e non é terra túa.
Hai un silencio que dura
nas plantas e nos outeiros.
Hai augas e campiñas.
Es un silencio pecho
que non cede, es beizos
e ollos escuros. Es a viña.
É unha terra que agarda
e non di palabra.
Pasaron días
baixo ceos ardentes.
Ti xogaches ás nubes.
E unha terra ruín,
a túa fronte sábeo,
Tamén isto é viña.
Volverás atopar as nubes
e o carnaval, e as voces
coma unha sombra de lúa.
Volveras a atopar palabras
alén de vida breve
e nocturna dos xogos,
alén da infancia acesa,
Será doce calar.
Es a terra e a viña.
Un aceso silencio
queimará a campiña
coma fogueiras a noite.
A terra e a morte
Cesare Pavese
Fotografías de Roque Soto
Comentarios