E ASÍ PODEREI VOAR LONXE DE AQUÍ

Primeiro grao de primaria

Agora estou sentada arriba da árbore
e NON vou baixar!
Xa non síntome segura na escola
E só porque a miña pel é escura.
Se quedo aquí durante a noite
volvereime un paxaro?
E así poderei​​ voar lonxe de aquí
e de todas esas desprezables palabras.
Non é nada divertido ser diferente
onde podo eu acomodarme?
Algúns nenos na escola son crueis
e as súas palabras teñen farta pezoña.
Hei ti cadela descastada, tisnada, cavernícola,
pinchi aborixe cheirenta
non sei o que significan estas palabras​​ 
pero férenme como unha frecha.
Pedinlle á miña mestra unha explicación
e ela losqueoume groseiramente
e logo á hora do recreo
fun levada a empuxóns​​ ao patio.
Agora estou sentada arriba da árbore
escondereime de todos.
Non entendo este sitio
apenas estou en primeiro grao.


Ali Cobby Eckerman
Fotograma do filme Rabbit-Proof Fence, dirixida por Phillip Noyce
 

Comentarios

Publicacións populares