FORMAS MÁXICAS

Ollamóste sentada nunha barra escura
cando agarrabas o teu vaso con forza
o espello do fondo reflectía
a túa imaxe núa tempo anterior 
no que as entegas non tiñan aínda un prezo
vimos as formas máxicas teu corpo en soños
agora contemplámoste nos pesadelos
nightmare welcome chorar non é preciso
abonda sobrevivir cando fuches mudando
en lembranza traslúcida materia inconsistente
como o fume á néboa o recordo esvaído
atmósfera tépeda dunha madrugada de bar 
un vaso unhas palabras que xa non nos 
pertencían.

Circuíto néboa
Ramón Caride Ogando

Comentarios

Publicacións populares