ENXAMES E GLICINAS
Wisteria da China
Hay unha confidencia na floresta
coroada de enxames e glicinas
Será a Morte rito de transición,
canseira da beleza da corola?
Por un vento que derruba columnas
donde os altivos lugares dos cetros,
como encarnan os terribles arcanxos,
ao gume das ardentes espadas
incendian os secretos como palla,
esnaquizan nosa rebelde imaxe !
Máis alá do espello a loita cesa
Perdido o paraíso é clemencia a baía,
certo Areal de Cangas, de Liméns,
confiados como dádiva aos ollos.
O home é o remorso dun antigo desexo.
O corazón, espuma. Longos peixes durmidos.
Vida, lesión que nunca cura, que lavamos
de xeonllos, pola beira da auga.
Xohana Torres
Pintura de Thomas Kincaid/Lee Bogle
Comentarios