CANTABA LONG AGO AND FAR AWAY

Hai moito tempo

Nunha casa na que estiven cando mozo
Mirei por unha porta entreaberta
Un vello cantaba "Long ago and far away"
A un cabalo de madeira. Era o avó dun amigo
Que perdera no mar o seu fillo primoxénito
Había medio século
No naufraxio dun barco cun nome  que non lembro.

Cada vez que escoito esa triste canción
Retorno a aquela casa, á mesma porta.
Unha muller tírame da manga.
"Vaite", dime. "Déixao en paz."
Aínda que cante, xa non está alí.
O cabalo abala como a mar.
O mar está por todas partes
E o cuarto é borrasca e choiva.

Dante' s drum exit (1993)
Douglas Dunn

Comentarios

Publicacións populares