O TRABALLO DOENTÍO
A Ponte de Brooklyn
Derradeiro terzo do século XIX
Necesitábanse para traballar homes rexos
no ponte de Brooklyn. Con unha soldada
de sete dólares por dúas horas de carrexos
de entullos. Soio dúas horas cada xornada
no interior dunha campá de ferro, asentada
no fundo lamento do río, con ar comprimido
arredando entrase a auga na cavada.
O ponte facía Brooklyn a Manhattan cinguido.

Pasábamos pola cámara de compresión
denantes de entrar na campá de ferro, vaseira
onde despechaban as chaves do ar. Centilación
que facía doer os ouvidos naquela rateira,
que tapábamos pra que non estoupasen coa estraleira,
coma a moitos aconteceulles e coa presión do ar.
A campá era enorme, necesaria coma buqueira
pra poder os cimentos do ponte de Brooklyn escavar.

Traballábamos silenzosos, espidos deica os cos
coas pas, as eixadas e coas picarañas, amuados,
gotexando suor, escorrendo na lama, nos terrós,
caíndonos na iauga xiada do río, enlameirados.
A door facíanos estoura-las testas, mais esmacelados
axuntábamos moreas de terra, de area, de pedras.
Folgábamos cada dez minutos, e voltábamos ousados
ao traballo pro ponte de Brooklyn, sen arredras.

Podíamos ficar pra sempre tolleitos e tamén morrer
coma aconteceulle no noso equipo ao compañeiro
escocés Kirkland sin que o poidésemos acorrer.
Foi cando saíu depresa ó deixar a campá dianteiro.
Caíu logo no chan. Estoreceuse nun marterio,
engruñouse, rebulindo o corpo, pernas e brazos,
alagándose en escumas e sangue. O extranxeiro
deixou no ponte de Brooklyn os derradeiros azos.

Resistín ese traballo vinte xornadas,
Dúas horas cada día na camá encerrado.
Perdín o ouvido nos vinte días. As osadas
ganei cento-corenta-dólares. Deixeino traballado
pola febre, polas doores, xordo, escuallado.
Alguén dixo: ¡Ouh, cantos rexos emigrantes sofridos
fican pra sempre baixo as correntes deste río marelado,
polo grande ponte de Brooklyn, orgulo dos Estados Unidos!

Este ponte de aceiro enlevado sobor de Nova York,
ten millas de roscas, de parafusos, de aceiros.
Érguese sobor do xiado East River este maior
ponte, din, do mundo, costruído por extranxeiros
emigrantes de Europa –Algús galegos senlleiros
traballamos nel. Un traballo, decían, ben pagado.
Cento-corenta-dólares. Por uns días fumos buceiros
pro ponte de Brooklyn feito sobor do río abafado.

Un traballo que ninguén resistía un mes,
moi ben pagado, disque, sete dólares a cotío,
unha grande soldada, sete dólares por ves,
se acadábamos esquiva-la convulsión, o arrepío
producido pola falta de ar, polo noxío
que podía facernos inúteles pra toda a vida.
¡Era un grande traballo o traballo doentío
do ponte de Brooklyn, baixo a campá descida!

Fardel de eisilado (1952)
Luís Seoane
Luís Seoane
Comentarios