OS MÁIS NOVOS ACIOS
Conto
Ofrecínlle unha frol
á nena de coor branco.
Dinlle despois un lourerio
cunha pinguiña de orballo.
Conteille a sabida historia
do rapaz que foi de trapo.
Aos mellores versos puxen
unha música de canto.
Fixen mención dos salgueiros,
collínlle os máis novos acios,
e ela afastouse de min,
porque eu non tiña un paxaro.
Vida desde entón xunguida
a un ronsel que vai voando.
Libro de Caldelas
Xoán Manuel Casado
Pintura de Pierre Auguste Renoir
Comentarios