OURO DO OUTONO NA CELAXE

 

Daguerrotipo romántico

                               A Blanca González Pascual


A dama no balcón agardaba o mariño. 
Os solpores sangraban, alén mar, lento viño.


A dama, na xanela, adormecía en seda.
Nin a luz do solpor era, na rosa leda.

A dama esmorecía de tan longa viaxe.
Unha lágrima era o ouro do outono na celaxe.

A dama contemplaba o solopor sobre o mar.
A lúa, que voltaba, era merlo e  pomar.

A dama, á fin, se deita na penumbra da alcoba.
Polo fondo do mar, hai negrura de cova...


Dársenas do ocaso
Xavier Seoane

Comentarios

Publicacións populares