POR RIBA DO TEMPO
Canto
Inevitablemente
volvo a ti,
meu Antonio Machado, neno vello,
volvo á túa voz,
inevitablemente,
por riba do tempo,
por riba do vivir
coma un acougo,
por riba do silencio
e tamén do rencor
que ainda che gardo
por robarme as palabras
que eu quixen escribir.
Inevitablemente...
Rexistro de menores espantos
Xoán-Manuel Casado
Ilustración de © Sara Romero Ortega
Comentarios