O BERRO DA ALMA

 

Unha convincente historia do blues

O blues conta desde os seus comezos cunha ampla literatura, bibliografía que inclúe desde obras de ficción a sisudos tratados sobre a música e canción máis representativas da cultura popular negroamericana do século XX, con permiso do jazz.

Deses estudosos que se penetran a miúdo no vasto mundo do blues hai que mencionar ao estudoso Paul Oliver (Notthingam-UK, 1927-2017), de quen se pode dicir que foi un dos principais difusores do devandito xénero, sobre todo cando se fala do seu libro "Historia del blues", editado en 1976 pola desaparecida Alfaguara Nostromo.

En 15 capítulos, Paul Oliver vai debullando a historia de homes e mulleres, en xeografías concretas, apartándose da mistificación e meténdose nos sinuosos camiños que levan a unhas persoas demasiadas veces tapadas pola nube da lenda, pero que foron de carne e óso e, en moitos casos, a súa obra quedou aberta á interpretación para quen dedique o seu tempo para escoitar vellas cancións, moitas delas gravadas na década de 1920, cando o blues comezou a súa expansión grazas aos discos de pizarra e o fonógrafo.

Desde o recordo dun longo e cálido verán, que serviu a Oliver para ofrecer unha máis que convincente e case visual definición do xénero, á agonía do blues, hai 300 páxinas, acompañadas de impagables imaxes e documentación, o cal dá unha idea da importancia que tivo esa música na sociedade estadounidense, sobre todo nunha ampla parte de poboación. 

Un exemplo da escritura de Oliver póñoo no caso da descrición do "songster". "Cantante ou instrumentista que aínda que non chegaba nunca a ser un profesional, adoitaba gozar dunha gran popularidade como músico e actor entre a xente da súa localidade, alcanzando unha técnica moi depurada na guitarra. A finais do século XIX, as comunidades do Sur dos Estados Unidos produciron numerosos "songsters", que inspiraron a súa arte en todas as tradicións da canción e a música negras. Os songsters seguiron facendo música, aínda que en número máis reducido, durante o período en que predominou o blues. Outros músicos que se denominaron a si mesmos "musicianers", dedicáronse principalmente aos aspectos instrumentais: tocaban en bailes e en ceas, e tamén as actuacións dos propios songsters. Hai uns anos, Mississippi John Hurt (nacido en 1895 en Teoc, Mississippi) e Mance Lipscomb (nacido un ano antes en Navasota, Tellas), eran os únicos sobreviventes da "xeración songster". E foron xustamente os seus predecesores quen popularizaron as baladas, contribuíndo dese modo a difnudir o blues".

Tras as palabras de Oliver, inclúo a recomendación dun disco recompilatorio de cancións de "songsteers" e grupos variados de "medicine show", onde se recollen en total 24 composicións do período de tempo 1927-1940, unha pequena antoloxía para rastrexar nos comezos discográficos da música popular negroamericana e, por tanto, nas orixes do blues. O cedé leva o título de The Songster Tradition. Before The Blues (saga) 2004.

Desde o recordo dun longo e cálido verán, que serviu a Oliver para ofrecer unha máis que convincente e case visual definición do xénero, á agonía do blues, hai 300 páxinas, acompañadas de impagables imaxes e documentación, o cal dá unha idea da importancia que tivo esa música na sociedade estadounidense, sobre todo nunha ampla parte de poboación. 

Un exemplo da escritura de Oliver póñoo no caso da descrición do "songster". "Cantante ou instrumentista que aínda que non chegaba nunca a ser un profesional, adoitaba gozar dunha gran popularidade como músico e actor entre a xente da súa localidade, alcanzando unha técnica moi depurada na guitarra. A finais do século XIX, as comunidades do Sur dos Estados Unidos produciron numerosos "songsters", que inspiraron a súa arte en todas as tradicións da canción e a música negras. Os songsters seguiron facendo música, aínda que en número máis reducido, durante o período en que predominou o blues. Outros músicos que se denominaron a si mesmos "musicianers", dedicáronse principalmente aos aspectos instrumentais: tocaban en bailes e en ceas, e tamén as actuacións dos propios songsters. Hai uns anos, Mississippi John Hurt (nacido en 1895 en Teoc, Mississippi) e Mance Lipscomb (nacido un ano antes en Navasota, Tellas), eran os únicos sobreviventes da "xeración songster". E foron xustamente os seus predecesores quen popularizaron as baladas, contribuíndo dese modo a difnudir o blues".

Tras as palabras de Oliver, inclúo a recomendación dun disco recompilatorio de cancións de "songsteers" e grupos variados de "medicine show", onde se recollen en total 24 composicións do período de tempo 1927-1940, unha pequena antoloxía para rastrexar nos comezos discográficos da música popular negroamericana e, por tanto, nas orixes do blues. O cedé leva o título de "The Songster Tradition. Before The Blues" (saga) 2004.


Paul Oliver entrevistando ao "bluesman" Lightnin' Hopkins en Houston en 1960. Fotografía: Chris Strachwitz/Fundación Arhoolie.

Comentarios

Publicacións populares